Unha vez máis as compañías títeres Alakrán e Cascanueces dirixímonos a vostedes para darlles a coñecer o proxecto artístico “Títeres da Vía Láctea” pensado para desenvolverse no mes de xullo deste ano santo compostelán.
Hai 300 anos, un grupo de xoglares titiriteiros galegos percorreu estas terras, camiño de santiago adiante, contando as historias que naqueles días interesaban aos viandantes que se dirixían a Compostela. Grazas a ese peregrinar chegaron ata nós varios cantares de cego, y algunha que outra historia que hoxe se conta.
Os títeres da Vía Láctea neste Xacobeo 2010 emprenderán o mesmo camiño co desexo de que as vellas lendas que o antigo camiño ata Fisterra volvan a escoitarse e que outras novas cheguen aos nosos corazóns.
Contacto: Títeres Cascanueces
Publicado el Viernes 28 de mayo de 2010
Etiquetas: Santiago de Compostela, Xacobeo




Pingback: Bitacoras.com
mucha suerte compañeros!!!!en Barcelona se os hecha de menos……….